xoves 29/10/20
Denuncian o alto gasto económico

PP e DO aumentan o número de dedicacións na Deputación de Ourense e elevan a 3 as vicepresidencias

O acordo subscrito entre Democracia Ourensá e o Partido Popular, polo que Manuel Baltar mantivo a presidencia da Deputación de Ourense e Gonzalo Jácome accedeu á alcaldía da cidade das Burgas, “implicou” segundo denuncia a oposición o aumento do número de dedicacións na deputación e a creación de até tres vicepresidencias:

Deputación de Ourense
Deputación de Ourense

A raíz do pacto asinado entre Democracia Ourensá e Partido Popular para manter o mando na deputación e concello de Ourense, a institución provincial vén de incrementar o seu número de dedicacións e de dotarse de até tres vicepresidencias: Rosendo Fernández (PP), Plácido Álvarez (PP) e Armando Ojea (DO), quen cobrarán 58.435 euros anuais.  

O Grupo do Partido Popular contará con dúas dedicacións exclusivas, suprimíndose así as dúas parciais ao 75% das que dispoñía no anterior mandato, mentres que Democracia Ourensá contará con outra dedicación exclusiva.

O goberno de coalición da deputación PP-DO cualificou de “asumíbel a curto prazo” o incremento do gasto que implican estas modificacións.

O goberno de coalición da deputación PP-DO cualificou de “asumíbel a curto prazo” o incremento do gasto que implican estas modificacións

Desde o PSdeG, o seu portavoz na institución provincial, Rafael Rodríguez Villarino, amosou o seu rexeitamento á modificación dos orzamentos que sinalou de "despropósito económico inxustificábel" porque "supón un aumento do 33% do gasto, unicamente no grupo de goberno".

"Anteriormente, as retribucións brutas anuais eran de 385.000 euros e, neste caso, coa coalición Jácome-Baltar estas ascenden a 526.000 euros", criticou Villarino.

O portavoz do PSdeG tamén denunciou que a deputación se dote de tres vicepresidencias para “poder constituír o bipartito"

O portavoz do PSdeG tamén denunciou que a deputación se dote de tres vicepresidencias para “poder constituír o bipartito", ao que o PP respostou que o goberno da deputación é un ente “único e unido”.

Estas medidas son a ollos do PSdeG todo o contrario a unha “repartición proporcional dos resultados electorais que obtivo cada grupo político" .

comentarios