O PP aproba en solitario os orzamentos para 2018 após rexeitar 1.300 emendas da oposición

O Partido Popular defende unhas contas que sostén que van “consolidar a recuperación” económica. En Marea, PSdeG e BNG critican a “soberbia” de non aceptar propostas da oposición e consideran que os orzamentos non dan resposta ás principais necesidades e preocupacións da sociedade galega.

 

Parlamento da Galiza
photo_camera Parlamento de Galicia

O PP fixo valer a súa maioría na Cámara e aprobou os orzamentos da Xunta para 2018 após rexeitar por volta de 1.300 emendas da oposición. As contas para 2018 medran en 2,9% até 9.487 millóns. En Marea, PSdeG e BNG criticaron a "prepotencia”  e "soberbia" do grupo popular por non ter en conta as súas propostas.

Son estes os orzamentos que Galiza precisa? En Marea, PSdeG e BNG coinciden en que non. “Rutineiros”, “continuístas”, “decepcionantes”, “restritivos”... son algúns dos adxectivos empregados para cualificalos ao longo do debate das contas. Por contra, O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, ten defendido que estes son os orzamentos para “consolidar a recuperación”. Non o ve así a oposición, para os que O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou que estes son os orzamentos para “consolidar a recuperación”.

Luis Villares (En Marea) criticou uns orzamentos para 2018 que considera que sirvean para o "desmantelamento do público", e "xerarán en 2018 máis pobreza e desigualdade". Para Fernández Leiceaga (PSdeG) as contas non teñen ambición e mostran que o goberno galego “non está preparado” para facer fronte aos problemas e retos da sociedade galega. Para a portavoz do BNG, Ana Pontón, os orzamentos carecen de ambición de país e son do gosto do “centralismo” de Rajoy e Montoro, o que se traduce nunha política subordinada que se traduce en situacións como as peaxes da AP9 ou un sistema de financiamento que prexudica Galiza.

Mobilización ás portas

asdaMentres no interior do Parlamento se debatían os orzamentos, ás súas portas decorría unha concentración de delegados e delegadas da CIG-Saúde, CIG-Ensino e CIG-Administración para manifestar o seu rexeitamento a unhas contas que, sosteñen, avanzan no desmantelamento dos servizos públicos, consolidan a perda de persoal e non permiten a recuperación de ningún dos dereitos laborais, salariais e sociais perdidos. 

Comentarios