En Catoira, a asemblea local do Bloque desoiu as directrices nacionais de “facilitar gobernos alternativos ao PP apoiando a forza nacionalista ou de esquerdas que recibise máis apoios o 26M”. Os seus tres concelleiros sumaron os tres do PP e impuxéronse así aos cinco dos socialistas. A dirección do BNG anunciou que “analizará as medidas a tomar” despois do sucedido.
En Mondariz, Barros fíxose co bastón de mando ao recibir apoio do PP e do Partido Socialista. O Bloque local afirma que non houbo contactos cos populares, segundo informa Europa Press. O candidato nacionalista encabezou a segunda lista máis votada despois de Alternativa por Mondariz -catro edís- e acadou tres asentos. Sumaron con el dous do PP e un do PSdeG. Ciudadanos tamén está na corporación, cun.