As portas xiratorias levan a ex líder de Ciudadanos, Inés Arrimadas, a Recurrent Eenergy, xigante enerxética

A empresa é unha filial do xigante enerxético Canadian Solar. A incorporación de Arrimadas entrará en vigor o próximo mes de xaneiro.
Anuncio de Recurrent Energy con Inés Arrimadas (Foto: Recurret Energy).
photo_camera Anuncio de Recurrent Energy con Inés Arrimadas (Foto: Recurret Energy).

A que fora portavoz no Congreso e líder de Ciudadanos, Inés Arrimadas é a nova adición á lista de políticos que entran no sector enerxético privado após a súa carreira no mundo da política.

No caso de Arrimadas a porta xiratoria levouna a Recurrent Energy, empresa propietaria global de activos solares e enerxéticos, que anunciou o nomeamento de Arrimadas como nova directora de comunicación da empresa.

A empresa é unha filial do xigante enerxético Canadian Solar. A incorporación de Arrimadas entrará en vigor o próximo mes de xaneiro.

A empresa

Recurrent Energy ten presenza en 30 países de 6 continentes e conta con 14 anos de traxectoria nun sector onde desenvolveu, financiado e construído un portfolio de nove xigavatios (GW) de enerxía solar e 3 xigavatios hora (GWh) de plantas de almacenamento con baterías (BESS) no mundo.

A firma asegurou que "actualmente busca seguir expandíndose para consolidar a súa posición de referente mundial do sector".

O conselleiro delegado de Recurrent Energy, Ismael Guerrero, deu a benvida para Arrimadas, nun momento no que a firma está "a intensificar as súas actividades de desenvolvemento e execución en todos os seus mercados".

Arrimadas

De entre os múltiples cargos que Arrimadas tivo destacan o seu cargo como líder da oposición no Parlament de Catalunya con Ciudadanos e portavoz do seu partido no Congreso en Madrid.

Comentarios