E Pokemon chega ao concello da Coruña

Funcionarios rexistraron o concello herculino nun operativo relacionado coa investigación que o Xulgado de Lugo desenvolve en relación a este trama, na que hai xa case 90 imputad@s. Procuraban contratos co grupo Vendex. O BNG coruñés lembra que en 2012 xa lle pedira o alcalde que remitira toda a información de Vendex á xustiza.

acoruña

Funcionarios ás ordes de Pilar de Lara, titular do Xulgado de Instrución nº1 de Lugo, que investiga a trama Pokemon rexistraron nesta terza feira o Concello da Coruña. A procura centrábase en localizar documentos e información de 16 contratos da administración local con Vendex.

Ademais da Casa do Concello os funcionarios tamén rexistraron outras dependencias municipais e tamén a sede herculina do grupo Vendex. Nos rexistros incautaron material informático.

Na Pokemon, que salfire a varios concellos galegos, hai actualmente 88 persoas imputadas, entre empresarios, funcionarios e políticos.

Trasparencia

Desde o BNG lembran que con data dO 3 de outubro de 2012, o Grupo Municipal da formación nacionalista envioulle un escrito ao alcalde en que solicitaba que se remitise a documentación íntegra relativa a Vendex e que se publicase esa documentación na páxina web do Concello

Comentarios