Os partidos rexeitan o sucedido

Os partidos con representación no Concello da Coruña amosan o seu rexeitamento ao ataque que esta madrugada -presumibelmente- estragou a sede da Marea Atlántica, na Praza do Humor da Coruña.
 

sede marea atlántica 2
photo_camera A sede da Marea Atlántica tras o ataque. Foto: Marea Atlántica.

O BNG da cidade pendurou un chío na súa conta de twitter en que cualifican de “desprezábel calquera actitude ou acción violenta”. “Este nunca será o camiño e amosa as carencias, a senrazón e a intolereancia de quen as comete”, engadiu. Para a portavoz do Partido Popular na corporación, Rosa Gallego, “a violencia non se pode xustificar xamais. Desde a discrepancia política, todo o meu ánimo”. Tamén se pronunciaron os socialistas coruñeses: “Rexeitamos o ataque inxustificado á sede da Marea Atlántica e amosamos a nosa solidariedade coa súa militancia”.

Desde o ámbito nacional, pronunciouse En Marea: “Condenamos, unha vez máis, todo tipo de actos vandálicos e, no caso do sucedido co local de Marea Atlántica, enfatizamos que, en democracia, non son tolerábeis as agresións contra os partidos políticos”.

Comentarios