A participación nas eleccións ás 12 horas cae 2,43% con respecto a 2020

Ao mediodía xa votou 17% do electorado.

Unha persoa deposita o seu voto nunha urna nun colexio electoral de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera Unha persoa deposita o seu voto nunha urna nun colexio electoral de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

Primeiros datos de participación nas eleccións galegas.

Segundo fontes oficiais, xa exerceron o seu dereito a voto 17% dos galegos e galegas.

A cifra total é de 213.597 persoas sobre o total de 2,2 millóns convocadas ás urnas, nun dato que só fai referencia a aquelas que o fixeron de forma presencial.

O dato representa un descenso de 2,43% con respecto ás anteriores eleccións nacionais, as de 2020, nas que a participación ás 12 da tarde era de 19,42% (433.899 electores e electoras).

Comentarios