POLÍTICA

Pachi Vázquez pide que non se produzan "deslealdades internas" no seo do PSdeG

Pachi Vázquez pide que non se produzan "deslealdades internas" no seo do PSdeG

Pachi Vázquez pecha o Comité nacional do PSdeG facendo un chamamento a que non se produzan "deslealdades" entre @s integrantes da formación e reiterando que exercerá as súas funcións até o Congreso nacional do vindeiro ano.
Comité Nacional PSdeG-PSOE
photo_camera Comité Nacional PSdeG-PSOE

Após unha fin de semana de debate, o líder [email protected] socialistas [email protected], Pachi Vázquez, clausurou o Comité nacional do PSdeG cun discurso en que aplelou á "tranquilidade interna" até se celebrar o Congreso nacional, cando se "renoven as persoas e o proxecto".

Ao longo destas dúas xornadas de debate interno, múltiples militantes que participaban como [email protected] no Comité, expresaron o seu interese porque o voceiro socialista, Pachi Vázquez, dimitise do seu cargo xunto con [email protected] [email protected] da dirección do partido. Neste sentido, Vázquez apelou á "tranquilidade interna" en aras de evitar "deslealdades" durante o proceso.

Vázquez: "Necesitamos un Congreso ordinario para darlle a volta ao PSdeG como un calcetín"

O líder [email protected] socialistas [email protected], asegurou que se mantería no seu cargo até a celelebración do Congreso en 2013. Finalmente o Comité nacional do PSdeG aprobou a convocatoria dun Congreso ordinario --en troca de extraordinario, como apuntaban inicialmente-- en que ademais de renovar as persoas que ocuparán a dirección da formación, se elaborará un novo proxecto político co que recuperar, dixo o líder [email protected] socialistas, a "confianza do noso electorado".

Aliás, Pachi Vázquez defendeu a necesidade de que o PSdeG siga un itinerario propio no proceso de re-xeneración interna, para o que apelou ao carácter de "comunidade historica de Galiza", ao igual que Euskadi e Catalunya. Asemade, avanzou que defendería para o PSdeG un "trato diferenciado" na estrutura federal do PSOE.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios