O presidente da Xunta de Galiza de novo en Madrid

Alberto Núñez Feijóo asiste a máis unha xunta de partido convocado por Mariano Rajoy.
photo_camera Imaxe procedente do portal do PP

O presidente da Xunta de Galiza, un dos "baróns" do Partido Popular, asiste nesta segunda a unha xuntanza entre @s presidentes autonómicos e os membros do executivo español.

Nun intento por amosar a máxima unidade de partido nas políticas de recorte adoptadas, o presidente da Xunta de Galiza viaxa a Madrid, un día antes do Consello de política fiscal e financeira en que se debatirán os "plans de equilibrio orzamentario" dos distintos territorios. Ese plan, exixirá máis un recorte nos presupostos galegos co obxectivo de reducir o déficit até o 1,5% do PIB.

Na anterior xuntanza do Consello de política fiscal e financeira, os presidentes de Extremadura e Castela e León (ambos os dous membros do PP) votaron en contra á nova política de axuste promovida polo goberno español. Perante esta situación e as exixencias da UE, Mariano Rajoy e a cúpula do PP español, procura nesta xunta de partido conseguir a unidade entre as súas filas e enviar unha mensaxe de conxunto ás institucións europeas.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, podería traer da capital española, máis recortes e políticas de axuste que supuxesen máis unha redución dos servizos sociais. 

 

Comentarios