O Concello da Coruña acollerá unha homenaxe ao dono de 'La Voz de Galicia'

Santiago Rey Fernández-Latorre será investido como “Caballero de Honor de la Orden de María Pita” en dependencias municipais.

O próximo mércores 23 de xaneiro, o Salón de Pleno do Concello da Coruña acollerá un acto de homenaxe ao dono e editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre. Este será investido como “Caballero de Honor de la Orden de María Pita”, nun acto no que recibirá a “capa e medallón” dese orde e ao que está previsto que acuda unha importante representación dos poderes da cidade, comezando polo seu alcalde.

A “Orden de María Pita” é un grupo creado por coruñeses directamente relacionada co localismo coruñés e que naceu durante a etapa de Francisco Vázquez na alcaldía, sendo este o seu “Gran Maestre de Honor”, mentres que o seu “Gran Maestre”, é o actual rexedor da cidade, Carlos Negreira. Entre os seu “caballeros” atópanse persoas como o Manuel Fraga Iribarne, Xerardo Fernández Albor ou a Condena de Fenosa. O xornal que edita Santiago Rey, próximo homenaxeado por esta orde, destacou sempre polas súas boas relacións cos “caballeros” anteriormente citados.

Comentarios