O BNG pide a comparecencia "urxente" do ex-presidente Touriño na comisión de caixas

O grupo parlamentar nacionalista solicita a súa comparecencia “urxente” após as acusacións de Feijóo, que responsabiliza ao socialista de non facilitar información sobre o estado das entidades

comisión das caixas

Feijóo culpabilizou ao Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño de non ter achegado información sobre a situación das caixas e de ter sido advertido polo Banco de España da súa crítica situación, acusacións desmentidas ambas polo propio Touriño.

O BNG non quer que a comisión se peche en falso

Mais estes feitos fan necesario, ao entender do BNG, “a comparecencia urxente” ante a comisión de investigación das caixas do ex-presidente autonómico. Por iso, o grupo parlamentar nacionalista vén de presentar unha solicitude nese sentido.

Novas comparecencias

Mais a de Pérez Touriño non é a única comparecencia que solicita o BNG ante a comisión. Así, tamén pide que se cite a José Luis Méndez Pascual, ex-presidente da Corporación Caixagalicia, que fora solicitada ademais polos representantes das organizacións sindicais que compareceron ante a Comisión das caixas

A presenza, de novo, na comisión de investigación de José Luis Méndez e Julio Fernández Gayoso. O motivo? Que con posterioridade ás súas comparecencias, “novos testemuños relativos á comercialización de participacións preferentes, indemnizacións millonarias aos directivos, e outros aspectos que afectan á situación económico-financeira das caixas”, fan necesario que volvan comparecer.

Comentarios