O BNG insta a Xunta a adherir Galiza á CPLP

O BNG vén de presentar unha proposición non de lei en que insta o goberno da Xunta a adherir Galiza á Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Bieito Lobeira, deputado do BNG
photo_camera Bieito Lobeira, deputado do BNG

Bieito Lobeira, voceiro de Política Lingüística do BNG, presentou esta segunda a proposición non de lei con que o grupo parlamentar do BNG insta a Xunta de Galiza a adoptar as medidas necesarias para solicitar a integración da Galiza na CPLP. Segundo Lobeira, a entrada do noso país nesta comunidade suporía unha oportunidade para saírmos da crise "grazas aos tratados e convenios en diversos sectores" que se desenvolven entre os estados membros.

O voceiro nacionalista asegurou estarmos a "desaproveitar as enormes potencialidades que esta realidade lingüística abre para Galiza" pois 240 millóns de habitantes falan galego. Asemade, o deputado do BNG no Parlamento galego, definiu como "desnaturalizada e madriñalizada" a actitude do conselleiro de Presidencia e máis do propio presidente, ao empregaren intérpretes na súa viaxe ao Norte de Portugal á fin de seren traducidos ao portugués e ao español. Segundo Lobeira, Núñez Feijóo, “máis ben parecía un enviado da Deputación de Murcia e non o presidente dun país coa mesma lingua".

Comentarios