Nova etapa de Baltar nos xulgados, desta volta, imputado na Pokemon

O ex-presidente da Deputación ourensán declarou en Lugo imputado por un suposto delito de suborno. Após declarar ante De Lara dixo estar ‘’encantado e sorrinte’’. Presumiu de poder andar por Ourense "coa cabeza alta". O SVA considera que recibiu 6.000 euros de Vendex na campaña das municipais de 2011.

José Manuel Baltar

José Luis Baltar, ex-presidente da Deputación de Ourense e do PP provincial, tivo esta segunda feira unha nova etapa nos xulgados, desta volta en relación á Operación Pokemon. Baltar declarou durante 20 munitos en Lugo perante a xuíza Pilar de Lara.

Baltar está imputado por un suposto delito de suborno (‘cohecho’). Un informe do SVA (Servizo de Vixiancia Aduaneira) apuntaba a que o ex-político do PP recibira uns 6.000 euros de directivos de Vendex na campaña das municipais de 2011. Un total de 17 persoas están imputadas en relación a este informe do SVA.

O ex-mandatario do PP en Ourense dixo, finalizada a súa declaración perante De Lara, que estaba “sorrinte e encantado” e incidiu en que xa desde un “primeiro momento” sostivo que “non tiña nada que ver”. E, fiel á súa propia imaxe de cacique bo que tanto lle gosta publicitar, afirmou: "Eu podo ir por Ourense coa cabeza ben alta".

Comentarios