A muralista Lidia Cao traslada a Pontón á estética da banda deseñada para a campaña en redes

Xunto co lema "O cambio galego", a frase "we can do it" enlaza a campaña co movemento feminista a nivel internacional.
Cartaz de Ana Pontón deseñado por Lidia Cao (Imaxe: BNG).
photo_camera Cartaz de Ana Pontón deseñado por Lidia Cao (Imaxe: BNG).

A muralista e ilustradora de Ordes, Lidia Cao, deseñou a imaxe coa que o BNG fará campaña a través das redes sociais. Partindo da estética da banda deseñada, o rostro da candidata nacionalista á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, preséntase cun dos lemas forza do partido na carreira ás urnas: "O cambio galego".

Cao acompaña a imaxe cun "We can do it!", podemos facelo!, slogan empregada amplamente polos movementos feministas a nivel internacional e que recolle unha candidata que aspira a facer historia no país, converténdose na primeira muller presidenta. Que o cambio real é posíbel é outra das mensaxes principais dos e das nacionalistas nesta campaña.

As presidenta de Nova Zelandia, Jacinda Arden, a primeira ministra de Finlandia, Sanna Marína, ou a congresista demócrata por Nova York, Alexandra Ocasio-Cortez son os referentes desa referencia ao empoderamento das mulleres. A autora da imaxe acrecenta que as cores empregadas fan referencia “a un novo día, a un novo tempo que está por vir” a mais a “unha nova Galiza xunto con Ana Pontón”. Os motivos vexetais, engade, son unha “alegoría uns brotes dándolle valor a nosa terra e apostando polo noso”.

Ademais do seu emprego en redes, o BNG lanzará unha tirada limitada do póster de Lidia Cao que agasallará a quen acuda aos mitins desta campaña.

Comentarios