xoves 24/09/20

Montse Prado (BNG) e Marina Ortega (PSOE), propostas para vicepresidenta segunda e vicesecretaria segunda do Parlamento

A Mesa de idade, 3 deputados do BNG
Intervención no Parlamento da Galiza (Foto: Europa Press).
Intervención no Parlamento da Galiza (Foto: Europa Press).

A poucos días de que arrinque a X Lexislatura, despéxanse os futuros nomes que estarán na primeira liña de acción. Así, a sexta ficará constituída a futura Mesa da Cámara, na que se situarán a deputada por Pontevedra Montse Prado como vicepresidenta segunda, a proposta do BNG, e Marina Ortega, a proposta do PSdeG, como vicesecretaria segunda.

Estes serán os nomes, segundo confirmaron a Europa Press fontes dos partidos, que acompañarán aos cargos do PPdeG, que reunirá a vindeira sexta feira -antes da constitución do novo hemiciclo- ao seu grupo.

Ademais da configuración da Cámara, nos próximos días conformaranse os grupos parlamentarios. No caso do PSOE, Gonzalo Caballero será o portavoz; mentres que Ana Pontón asumirá este mesmo cargo como segunda forza política, acompañada, de novo, por Olalla Rodil na figura de viceportavoz.

Mesa de idade, 3 deputados do BNG

A constitución do novo hemiciclo terá lugar a sexta geira, nunha sesión que comezará ás 11,00 horas no Pazo do Hórreo e que estará presidida, de forma inicial, por tres deputados do BNG: Xosé Luís 'Mini' Rivas, como os de máis anos da Cámara, asistido polos dous máis novos: Daniel Castro (número dous por Lugo, nacido en 1996) e Paulo Ríos 'Kai', secretario xeral de Galiza Nova (número 6 por Pontevedra, nacido en 1993).

Apenas uns días de diferenza impiden que sexa o número dous do PSOE pola provincia de Pontevedra, Isaura Abelairas, a que presida este esta Mesa de Idade, posto que a veterana política naceu tamén no mes de xuño de 1951, pero pouco despois ao deputado electo coruñés.

comentarios