Entrevista no Sermos279

"Meirás, a medio prazo, será público. Está encamiñado"

Hai algo máis de dous anos que Goretti Sanmartín (A Estrada, 1964) é vicepresidenta da Deputación da Coruña a través dun pacto co PSdeG e apoios puntuais das Mareas. É a entrevista política do Sermos279. Eis un extracto da conversa. 

 

 

goretti
photo_camera Goretti Sanmartín

A tamén concelleira do Bloque en Santaigo de Compostela asegura estar en contra da existencia dos entes provinciais. E defende que o seu traballo na Deputación “adelgaza a institución e faina máis obxectiva e transparente”. Para 2018 quere “consolidar o traballo feito”, dentro do que salienta, sobre todo, a cesión de autonomías aos concellos para decidir o gasto.

-Cales son as principais liñas de traballo para 2018?

-Consolidar o feito nestes dous anos. Reordenamos a política de apoio a concellos e entidades. As liñas de axuda aos concellos pasaron a integrarse no plan único, un modelo revolucionario. Os concellos teñen autonomía total para decidir en que invisten os cartos que reciben da Deputación. Adelgazamos a ferramenta burocrática. Reformulamos liñas de actuación, como o apoio a festivais, fundacións, centros de interpretación, museos e cultura de base. Dobramos
o orzamento para a Rede Cultural a respecto de 2014 e 2015. Abrimos liñas novas, como para exposicións, que era moi reclamada, ou para distribución de contidos audiovisuais en galego.

5 (1)-Falaba de que o plan único é un cambio case revolucionario. En que se diferencia dos realizados por outros gobernos provinciais?

-Non é partidista, senón que hai obxectivos concretos e criterios fixados. Dáselles autonomía aos concellos para que decidan en que investir. Coñecen mellor as propias necesidades. Mesmo poden investir en gasto corrente, algo que lles facilita a vida, ou reducir a débeda non só con entidades bancarias, senón con proveedores. Houbo un gran incremento orzamentario. É un plan dinámico, que chegará aos 90 millóns en 2017 e no 2018 case aos 100.

(...)

-Que pasos está a dar a Deputación a respecto do Pazo de Meirás?

-Participamos na constitución da Xunta pro devolución do pazo. O primeiro paso era ter estudos histórico e xurídico
da situación real. O informe histórico coordinouno o profesor Emilio Grandío e xa está entregado á Deputación. Sobre esa documentación faremos un pasquín e unha peza audiovisual para difundir a verdade. E en xaneiro entregarán o estudo xurídico, coordinado por Xavier Ferreira, para ver cales son as posibilidades que temos de recuperar o pazo para o público. Sabemos que a familia Franco deixou todo ben atado, nesa confusión entre o público e o privado. Hai que estudalo con certa calma para ver cal pode ser a saída. Mais existe un clamor social.

[A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, aparece no Sermos279, disponíbel na nosa loxa e tamén nos pontos de venda habituais]

Comentarios