Máxima tensión política en Madrid

#RajoyDemisión, #AnaMato, #Gurtel inzan o twitter. As revelacións que atinxen agora a ministra de Sanidade cercan a un goberno moi debilitado ante a opinión pública.
Concentración
photo_camera Concentración

A praza de Alonso Martínez, próxima á Rúa Génova (sede do PP), voltouse a encher este serán de cidadás e cidadáns indignad@s coa corrupción que abala o partido no goberno e coa ausencia de explicacións verosimis por parte do presidente do Goberno español.

Medra por momento a tensión política en Madrid, nas vésperas da reunión que, con carácter de urxencia, realizará mañá sábado a dirección do PP, convocada por un Rajoy ultrapasado polos acontecimentos.

Chama moito a atención o silencio de Esperanza Aguirre, a quen a corrente máis neoliberal e centralista do partido postula como recambio de Rajoy.

Comentarios