En Marea apresenta 14 medidas contra a “estafa” da suba da luz

En Marea propón unha modificación da lexislación do sector eléctrico e pon sobre a mesa 14 “medidas imprescindibles” para pioñer fin ao que considera una “estafa masiva” na suba da luz. Luis Villares e Francisco Casal presentaron estas medidas, que abranguen desde excluír do Pool de poxas diarias a produción eólica, hidráulica, nuclear e parte da de carbón até o fomento da autoprodución e o autoconsumo, pasando pola “toma do control de xestión da rede de distribución polo Estado”.

O portavoz de En Marea afirma que estamos diante dunha “historia de terror na que as grandes compañías eléctricas estáfannos a diario e que pode ter final feliz pero depende da vontade política”. Unha situación, denuncia, causada por un entramado institucional e unha normativa inxusta. O deputado Francisco Casal lembrou que entre 2005 e 2016 o prezo da electricidade para o consumidor doméstico no Estado español aumentou en 100% cando “na maioría de países da nosa contorna oscilo o incremento entre o 25 por cento e o 60 por cento”.
 

En Marea ten claro que esta situación non é ningún “fenómeno natural” e que nela hai  “beneficiarios e causas concretas, resultado de accións do goberno, tamén da inacción do goberno, que poden e deben reverterse”.

No Estado español as grandes eléctricas duplican os beneficios das europeas entre 2013 e 2016, sinala En Marea. “Parece ser que as eléctricas din de que os seus beneficios son insuficientes pero a realidade é que os beneficios das empresas españolas son os mais elevados de Europa en resultados respecto de facturación. Os resultados das grandes compañías eléctricas españolas foron, de media, do 8 por cento sobre a facturación, cando en Francia foi do 4 por cento, en Gran Bretaña do 1 por cento e en Alemaña do menos 4 por cento”.

Comentarios