En Marea presenta Villares como o seu “ único candidato” á Xunta. 18 listas concorren ás primarias

En Marea rexistrouse oficialmente esta cuarta feira como partido instrumental.

En Marea Luis Villares Beiras coordenadora

Luís Villares é ““o único candidato, o candidato de consenso, do que estamos todos e todas orgullosos”, Así definiu o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a persoa que pugnará pola presidencia da Xunta por En Marea. A coordinadora da formación presentouno en Compostela como a persoa que será ratificada nas primarias de En Marea a vindeira semana. O candidato xunto coas persoas que configurán as listas de En Marea nas distintas provincias sairá das votacións que terán lugar os vindeiros 16 e 17 de agosto. Por provincias, en Lugo presentáronse 3 listas, en Ourense outras 3, pola Coruña 5 e 7 pola provincia de Pontevedra. Algunhas das persoas que presentaron candidatura son Eva Solla (Esquerda Unida, ex-deputada AGE) por Pontevedra, David Rodríguez, alcalde de Manzaneda, por Ourense; ou Lola Caramés (Marea de Noia) por A Coruña.

“Unhas listas que concurrirán ás primarias en termos de cooperación, plurais e solventes” como destacou Jorge Suárez quen fixo un chamamento á participación á cidadanía para entre todos e todas elexir aos que formarán parte do “vindeiro goberno da Xunta de Galiza”. 

Suárez confirmou que a inscrición oficial de En Marea tivo lugar na cuarta feira, “un partido instrumental no que todos e todas cabemos e que ten as portas abertas a todas as persoas que queran sumar”. Luis Villares agradeceu o apoio de todas as persoas que avalaron a súa candidatura e asegurou que será “o candidato de toda a confluencia, os que están xa e os que ainda non están integrados pero que se sumarán”. “Son simplemente a portavocía, a voz humilde que represente a cidadanía galega en clave solidaria, comprometido coa democracia e a xustiza social” afirmou Villares. 

Comentarios