mércores 27.05.2020

En Marea insta o PSOE a se posicionar: ou “partido dinástico” ou “sumarse” á cidadanía

A coligazón afirma que “traballa desde xa” para evitar un goberno do PP e de Cs

En Marea insta o PSOE a se posicionar: ou “partido dinástico” ou “sumarse” á cidadanía

En Marea está a traballar “desde xa” para “abrir os diálogos necesarios” que permitan “consolidar” o cambio e “evitar” un goberno do PP e / ou de Ciudadanos. Así o afirma a coligazón nun comunicado pednurado nas redes sociais co título, 'En Marea por un 2016 de cambio, para que nada siga igual'. O PSOE é interpelado directamente pola Marea, que lle di que debe “escoller entre manterse como un dos dous partidos dinásticos para que todo siga igual ou sumarse as demandas dunha grande parte da cidadanía”.

No comunicado volven agradecer o apoio recibido o 20-D e para reiterar que “o cambio non para”, apostando nun 2016 como “un ano de cambio e ruptura co vello. Un ano, polo tanto, onde fagamos da democracia, da soberanía popular e da xustiza social o centro de toda a vida política e institucional”.

Ninguén pode negar que estamos inmersos nun novo ciclo político, sinala a coligazón, un novo ciclo “no que o diálogo e a asunción da diversidade sociopolítica existente no Estado serán os eixos fundamentais para dar resposta ás necesidades da maioría social”. É nese contecto no que En Marea sinala que traballar para garantir un cambio.

comentarios