O documento de 17 páxinas que o PSOE remitiu a En Marea para recabar o apoio da coligazón a investidura de Pedro Sánchez non convenceu os destinatarios. “As propostas do PSOE non son serias e non dan garantías”, manifestou Alexandra Fernández na Radio Galega. “Unha chantaxe de última hora” para lograr os votos de En Marea, dixo a propia coligazón a través dun comunicado. Consideran o documento como “un recital” de simples “boas intencións” nos que non se atopa un “compromiso firme” para coas necesidades e problemas de Galiza.
“É cun corta e pega doutros documentos no que se agochan certas cuestións que lle son molestas. Tampouco di nada acerca de propostas de En Marea como a apertura dunha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia e as medidas que plantexa sobre Galiza son xeneralidades que non se concretan en nada”, sinalou Alexandra Fernández antes de entrar á Xunta de Portavoces no Congreso dos Deputados.
Afirman que se manteñen dispostos ao diálogo cos socialistas, mais pídenlles que sexan “serios”.