Manifesto dun cento de cargos e militantes de Compromís contra un acordo electoral con Podemos

'Por unha voz propia valenciá nas Cortes' é o título do documento subscrito por alcaldes, concelleir@s, deputad@s e simpatizantes, que avoga por unha candidatura valenciá para as xerais.

compromís valencia
photo_camera Mobilización de Compromís

A executiva de Compromís aprobou abrir unha negociación con Podemos para concorrer xuntos ás xerais, unha decisión que, segundo informa Vilaweb, xerou un forte debate no seo da coligazón valenciana, onde existe "un amplo sector" contrario a esta candidatura. Unha das partes de Compromís, o Bloc Nacionalista Valencià, xa anunciou que vai consultar a súa militancia sobre etse acordo electoral con Podemos, que contemplaría unh grupo parlamentar propio no Congreso mediante "a legalización dunha candidatura valenciá".

Máis dun cento de membros de Compromís, entre alcaldes, concelleir@s, deputad@s, cargos orgánicos, militantes.. asinan un manifesto no que se posicionan en contra dun pacto con Podemos para os comicios españois. As persoas que subscriben o documento ('Per una veu pròpia valenciana a les corts') defenden que haxa unha candidatura valenciá encabezada por Compromís para esa cita coas urnas e que "aspire a ser unha voz propia valenciá nas cortes xerais e que asuma como repto a constitución por vez primeira dun grupo parlamentar valenciá".

Comentarios