A maioría da audiencia de Sermos opina que Feijóo non ten opcións de ser o relevo de Rajoy

41,40 por cento das e dos leitores de Sermos inclínanse por pensar que Feijóo non será inquilino da Moncloa por carecer do apoio de Rajoy e de Soraya.

Mariano Rajoy Rueda Núñez Feijóo PP
photo_camera Rajoy e Feijóo acompañados de Rueda

354 das 855 persoas (41,40 por cento) que votaron no inquérito de Sermos non conceden opcións a Feijóo na carreira sucesoria (formalmente non aberta) de Mariano Rajoy ao fronte do PP. Consideran que é un atranco insalvábel para o presidente da Xunta carecer do apoio quer de Rajoy quer de Soraya Sáenz de Santamaría, a súa rival interna.

Porén, 261 das persoas participantes no inquérito (30,53 por cento) si opinan que Feijóo tomará o relevo de Rajoy e iso porque opinan que é a mellor baza do PP para frear o ascenso de Cs.

Unha percentaxe significativa da audiencia de Sermos que se animou a se manifestar nesta sondaxe -28,07 por cento- afirmou non ter unha opinión formada ao respeito.

Comentarios