luns 20.01.2020
O PP contra-ataca rompendo unha do BNG con Otegi

Luís Bará racha unha foto de Felipe VI na tribuna do Parlamento galego

O pasado 14 de marzo, o Tribunal Europeu de Dereitos Humanos sentenciou que a queima de fotos de membros da Casa Real é unha práctica amparada pola liberdade de expresión. Esta terza feira, o parlamentar do BNG Luís Bará rachou unha instantánea do monarca durante a defensa dunha iniciativa visando derrogar a 'lei mordaza'.

Luís Bará
Luís Bará

Impedir a actual interpretación dos delitos de incitación ao odio é o propósito que persegue a proposición non de lei do BNG para modificar o código penal e derrogar a lei de seguridade cidadá, defendida no pleno desta cuarta feira por Luís Bará.

O parlamentar -que enfeitou a tribuna cunha estreleira- quixo simbolizar a súa defensa da liberdade de expresión -seriamente tronzada pola 'lei mordaza'- rachando unha fotografía de Felipe VI. "Isto [pola rotura da foto] é o ABC da democracia. Non a queimo porque estamos nun recinto fechado".

Screen Shot 2018-04-11 at 18.43.24

A resposta do PP a este acto simbólico do BNG veu da man do seu deputado Alberto Pazos, quen pediu á formación nacionalista que rachase as súas fotografías con Arnaldo Otegi, o líder da esquerda abertzale. E para dar exemplo -consciente de a súa petición ter pouco percorrido-, xa o fixo el propio desde a tribuna.

 

Noticia actualizada ás 18:48

comentarios