mércores 08/12/21

Jorquera acusa a Louzán de ter feito carreira política da man dun narcotraficante

O portavoz do grupo parlamentario do BNG preguntou en comisión polas acusacións do presidente da Deputación de Pontevedra contra o voceiro [email protected] [email protected] do Rosal, a quen acusou de ser "un provocador nato" e de utilizar o calote "para facer carreira política e desgastar os líderes do PP"

[Imaxe: BNG]

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, acusou esta terza feira ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, de ter feito "carreira política arroupado por un capo do contrabando". 

Así falou o nacionalista en referencia a Nené Barral, destacado contrabandista militante do PP e condenado por delito fiscal que tiña dous millóns de dólares en Hong Kong e nas illas Virxes.

En comisión parlamentar reprochou as acusacións que Louzán fixo contra o voceiro da plataforma de [email protected] coas preferentes no Rosal, Xulio Vicente González, de quen dixo que puña a cara nas mobilizacións "para facer carreira política", acrecentando que era "un mamón e un provocador nato". Fíxoo o 30 de marzo, durante unha entrevista concedida á axencia de noticias Efe. 

Os de Louzán "si son antecedentes obxectivos" e non as acusacións que o presidente da Deputación fixo contra Xulio Vicente, sinalándoo por estar a facer un uso político das persoas estafadas. Na comisión realizada no Parlamento galego, Jorquera tamén recordou como Louzán dedicou boa parte do seu mandato "a comprar tránsfugas" para promover mocións de censura en diferentes concellos pontevedreses "para asegurar o seu control político". 

Porén, a Xunta de Galiza xustificou as acusacións de Louzán. O director xeral de Relacións institucionais, Gonzalo Ordóñez, respondeu a Jorquera sinalando que non se poden impedir tales manifestacións públicas (en referencia ás palabras do presidente da Deputación de Pontevedra) por parte de persoas "que se ven acosadas ou menoscabadas na súa intimidade familiar". Dixo que Louzán se sentía "agraviado, insultado permanentemente e vítima de ataques reiterados".

O nacionalista insistiu en que as declaracións de Louzán deixaban clara a súa "falta de sensibilidade" coas persoas estafadas e contiñan "insidias" ao se referir aos "antecedementes" de Xulio Vicente como sindicalista: "se quere falar de antecedentes, imos falar de antecedentes. Así chegou o señor Louzán á presidencia da Deputación: aupado por un capo do narcotráfico. Que conste en acta".

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Jorquera acusa a Louzán de ter feito carreira política da man dun narcotraficante
comentarios