Javier Dorado denuncia que AGE practica ''mobbing'' con Carmen Iglesias

O deputado do PP considera que ten que defender Iglesias e acusa a PSdG e BNG de non o facer "malia dicir que son defensores dos dereitos da muller".


O deputado do PP e presidente das Novas Xeracións, Javier Dorado, saíu en defensa da súa homóloga en AGE, Carmen Iglesias, e acusou á coligación de Anova e EU de practicar "mobbing" --acoso laboral-- e a PSdG e BNG de non saíren na súa defensa "malia que din ser defensores dos dereitos da muller". 

Dorado considera que Iglesias debe ser defendida e entende que "a profecía" de Yolanda Díaz cando dixo que a deputada ourensá "ía pasalo moi mal" no Parlamento "cumpriuse". Así, queixouse de que AGE non lle permitira "asistir ás reunións do grupo, non lle comunicaron o traballo que tiña que facer e sometíana a unha clara situación de mobbing". 

Comentarios