Ás eleccións europeas do 26M

Cidadás galegas asinan un manifesto en apoio á candidatura de Puigdemont

O historiador Dionisio Pereira e o escritor Xurxo Borrazás, entre os asinantes.

576_1508613121puigdemont

‘Nós con Puigdemont e a democracia’ é o título do manifesto de apoio á candidatura nas eleccións europeas que lidera o ex president da Generalitat, actualmente exiliado en Bélxica, por parte de cidadáns de fóra de Catalunya. Entre as persoas asinantes, nomes galegos como o do historiador Dionisio Pereira, o escritor Xurxo Borrazás, o xornalista Gustavo Luca de Tena ou os profesores Henrique del Bosque, Dolores Varela e Ánxeles Pereira, entre outras.

“As eleccións europeas son circunscrición única, calquera cidadán do Estado, viva onde viva, pode votar a lista do President Puigdemont, a candidatura Lliures per Europa (Junts). Estas eleccións convertéronse nun plebiscito entre a democracia ou o autoritarismo. Por isto defendemos e apoiamos a candidatura do presidente Puigdemont, é quen máis medo lles dá. Nós, os cidadáns, podemos dar voz  ao presidente Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí cos nosos votos”, recóllese no manifesto.

Comentarios