sábado 19/09/20

Galicia en Común demanda á Xunta “medidas máis contundentes” no COVID-19

Galicia en Común demanda á Xunta “medidas máis contundentes” no COVID-19

Galicia en Común-Anova Mareas reclamou este sábado "lealdade institucional" á Xunta e instoulle a mobilizar "todos os medios necesarios" na emerxencia sanitaria e económica para loitar contra a pandemia Covid-19.

Antón Gómez-Reino avanzou que, na reunión que os representantes dos partidos manterán este domingo co presidente da Xunt, instaralle a que tome "medidas máis contundentes” e “centradas" no reforzo e asistencia "nos fogares de maiores, nos centros de día e de atención a persoas dependentes", "grupos de risco que precisan unha acción decisiva e inmediata por parte da Xunta".

Máis aló do consenso acadado para adiar as eleccións do 5 de abril, Galicia en Común instará a todos os partidos a manter "unha posición de país, con rigor e lealdade ante o maior reto que debe enfrontar a sociedade galega na súa historia recente "

comentarios