Francisco Caamaño deixa o Parlamento

O deputado renuncia á súa acta e volverá dar aulas á Universidade.

caamaño
photo_camera Francisco Caamaño [Imaxe PSdeG]

Francisco Caamaño anunciou esta segunda feira (20 de abril) que deixa o Parlamento para volver á docencia. O que foi ministro de Xustiza en Madrid, durante o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero, decide fechar desta maneira a súa carreira política.

Unha decisión que se produce a un ano de rematar a lexislatura e logo da tensa relación entre Caamaño e o secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro. 

E é que Francisco Caamaño tivo que renunciar ao seu cargo como secretario provincial após as presións da dirección galega e Ferraz. 

Comentarios