23-X

Formoso asegura que Feixoo é "un amante da mentira" e critica que tente gañar votos usando Miguel Ángel Blanco

"Cóllese antes un mentireiro que a un coxo", manifestou Formoso, que acusou Feixoo de "ser capaz de mentir e baixarse ao barro con tal de chegar á Moncloa".
Formoso durante un reporto en Ourense (Foto: PSdeG).
photo_camera Formoso durante un reporto en Ourense (Foto: PSdeG).

O secretario xeral do Partido Socialista na Galiza, Valentín González Formoso, referiuse ao debate electoral da segunda feira para cualificar ao popular Alberto Núñez Feixoo de "amante da mentira" e afeou que "se baixe o barro para rascar uns votos máis" utilizando a figura de Miguel Ángel Blanco.

O xefe de filas dos socialistas galegos desprazouse até Ourense para facer unha repartición e falar coa cidadanía na Praza de Abastos.

Na súa intervención, Formoso criticou que os datos empregados por Núñez Feixoo "son completamente mentira". En concreto, asegurou que a pesar de que dixo que se destrúe o emprego en España con este goberno, "está preto de alcanzar os 21 millóns de ocupados" na

Seguridade Social

Na mesma liña, afirmou que está acreditado polos institutos oficiais que son máis de 400.000 postos de traballo os creados desde a chegada ao goberno do Partido Socialista á Moncloa, e tamén dixo que mentres que Feixoo aludía a que había menos autónomos, os mesmos institutos "acreditan que hai 77.413 máis que cando o Partido Popular marchou do goberno".

"Cóllese antes un mentireiro que a un coxo", manifestou Formoso, que acusou Feixoo de "ser capaz de mentir e baixarse ao barro con tal de chegar á Moncloa".

Así, recoñeceu que lle gustaría que houbese máis debates porque a sociedade "necesita transparencia para tomar unha decisión tan relevante como é a do 23 de xullo".

Ademais, considera que "o desmentido" dos datos empregados por Feixoo, así como "o uso político dunha vítima do terrorismo" será un elemento mobilizador dos votantes "co paso do tempo".

Comentarios