Forcarell pide recusar os maxistrados do TC pola súa “falta de imparcialidade"

A presidenta do Parlament de Catalunya anunciou a súa decisión minutos antes de comezar o pleno.

carme forcarell catalunya

Carme Forcarell, presidenta do Parlament de Catalunya, presentou un escrito perante o Tribunal Constitucional (TC) que pide recusar todos os seus maxistrados por “falla de imparcialidade” e reclama que paralicen calquera acción penal contra ela ou a Cámara catalá pola tramitación de iniciativas relacionadas co referendo previsto para o 1-O.

A propia Forcarell deu a coñecer a decisión a través das redes sociais minutos antes de comezar o pleno no que se prevé aprobar polo soberanismo a lei do referendo.

Os maxistrados do TC foron parte no procedemento sobe a constitucionalidade das leis votadas no Parlament e, así pois, están imposibilitados para tomar ningún tipo de decisión sobre a presidenta, tal e como recoñece a lexislación internacional que acredita que toda persoa ten dereito a un tribunal “independente e imparcial”, argumenta a presidenta. 

Comentarios