martes 25.02.2020
A oposición fala de "proxecto esgotado"

Feixoo pon Galiza como símbolo da "unidade" nun escenario "de sorpresas"

O discurso de fin de ano do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, pon en valor o ensino público galego, sen facer referencia aos recortes neste sector. Unha mensaxe "de despedida", segundo os partidos da oposición.
Alberto Núñez Feixoo no instituto ourensán Blanco Amor (Xunta)
Alberto Núñez Feixoo no instituto ourensán Blanco Amor (Xunta)

"A Galiza que vai entrar en 2020 está nun mundo complexo, nunha Europa que afronta serias disxuntivas e nunha España sometida a sobresaltos. Nese contexto cheo de sorpresas pouco tranquilizadoras, Galiza forma parte dos pobos que consideran a estabilidade como un requisito para o benestar das persoas". Así comeza Feixoo o seu alegato a prol da "unidade" no Estado, pois nas súas palabras "a política que propicia a inestabilidade deixa de ser un motor da sociedade para converterse nun atranco".

Desde unha aula do instituto ourensán Eduardo Blanco Amor, no que el mesmo estudou, Feixoo asegurou que alí se imparte "un ensino público de calidade e con igualdade de oportunidades". Porén, non se mencionan os recortes nos servizos públicos que afectan a todos os niveis educativos no país mentres o presidente indicou que "o esforzo educativo feito pola Galiza autogobernada vén de ser avalado polo coñecido Informe Pisa", un estudo internacional cuxos resultados foron cuestionados en 2019 pola súa posíbel manipulación.

O actual líder da oposición na Galiza, o socialista Gonzalo Caballero, resume o sentir das forzas contrarias ao Partido Popular coa súa análise de que "foi un discurso de despedida que evidenciou o proxecto esgotado que ten o PP".

Feixoo pon Galiza como símbolo da "unidade" nun escenario "de sorpresas"
comentarios