Feixoo elixe Elías Bendodo, man dereita de Moreno Bonilla, coordinador xeral do PP

O aínda presidente da Xunta sumouse ao congreso extraordinario do seu partido, do que saírá como líder estatal dos populares, entre aplausos e berros de "presidente". 
Alberto Núñez Feixoo recolle a súa acreditación á chegada ao XX Congreso do PP en Sevilla. (Foto: Eduardo Briones / Europa Press).
photo_camera Alberto Núñez Feixoo recolle a súa acreditación á chegada ao XX Congreso do PP en Sevilla. (Foto: Eduardo Briones / Europa Press).

O presidente da Xunta e candidato a liderar o PP, Alberto Núñez Feixoo, foi recibido á súa chegada ao Congreso que o aclamará en Sevilla como novo xefe de filas dos populares en substitución de Pablo Casado entre aplausos e saúdos de ducias de afiliados e berros de "presidente".

Acompañado da que será a súa secretaria xeral no PP, Cuca Gamarra, o dirixente galego evitou facer declaracións e limitouse a pedir "paciencia" ao colectivo de xornalistas que o rodearon á súa chegada.

Bendondo e Gamarra

O candidato a liderar o PP elixiu a Elías Bendodo, man dereita do presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno Bonilla, como coordinador xeneral do Partido Popular na nova etapa que abre o partido, segundo informou o equipo de Núñez Feixoo.

Bendodo compatibilizará este labor na dirección nacional cos que vén exercendo na política andaluza, como conselleiro da Presidencia, Administración Pública e Interior e portavoz do Goberno andaluz, ademais de presidente do PP de Málaga.

O nomeamento de Bendodo como coordinador xeneral do PP súmase ao de Cuca Gamarra, que será a nova secretaria xeral do partido na nova etapa que se abre no XX Congreso extraordinario.

Homenaxe a Aznar

Baixo o lema 'Farémolo ben', decorre esta cita 'exprés' na que tomarán a palabra todos os líderes territoriais do partido e á que finalmente o ex presidente José María Aznar no asistirá de forma presencial tras dar positivo por coronavirus. 

Intervirá, segundo o previsto, na clausura do conclave popular, mais por videoconferencia.

A intervención de Aznar está prevista ás 17.30 horas, no marco dunha homenaxe á  refundación do Partido Popular hai 32 anos. Despois, tomará a palabra o ex presidente Mariano Raxoi e pouco despois farao o aínda presidente do PP, Pablo Casado, que ofrecerá un discurso de despedida.

O broche final á xornada poñerao Alberto Núñez Feixoo coa presentación do seu proxecto político e os 35 membros do Comité Executivo.

Comentarios