Feixoo chama a votar ante a "maior dificultade dos últimos 40 anos" e espera un resultado "claro"

O candidato do Partido Popular á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, chama a acudir ás urnas, das que espera que saia "un Parlamento claro, que dea estabilidade" a Galiza, "no momento de maior dificultade dos últimos 40 anos".
 
Alberto Núñez Feixoo, logo de votar o 12-X en Vigo (Imaxe: Europa Press)
photo_camera Alberto Núñez Feixoo, logo de votar o 12-X en Vigo (Imaxe: Europa Press)

Alberto Núñez Feixoo acudiu ao colexio Neno Xesús de Praga, en Vigo, para exercer o seu dereito ao voto. Desde alí, e xunto á candidata do PP número 2 por Pontevedra, Corina Porro, chamou participar das urnas, das que espera que saia "un Parlamento claro, que dea estabilidade" a Galiza, "no momento de maior dificultade dos últimos 40 anos".

Así se pronunciou tras votar ás 11,45 horas deste domingo, asegurando que "canto máis nítida sexa a decisión (expresada mediante as eleccións), máis claro será o mandato". Neste sentido, incidiu en que os comicios deste domingo representan o momento en que "Galiza decide cal quere que sexa o seu Goberno" e esperou que sexa "posíbel" que a resolución se adopte "esta mesma noite".

Así, chamou a votar "masivamente" para afrontar a liña que marcará "un futuro que non é fácil" debido á crise sanitaria e as consecuencias económicas que implica, o que, ao seu xuízo, provoca que este momento represente o de “maior dificultade dos últimos 40 anos".

Comentarios