Feixoo reitera estar aberto a sumar “calquera dirixente” de Cs para asegurar a maioría no 5-A

O candidato do PPdeG non quer unha dispersión do voto da dereita e chama as bases conservadoras a “non dar un balón por perdido”.

feixoo
photo_camera Feixoo no acto de proclamación (PPdeG)

Núñez Feixoo insiste en que o PPdeG está aberto “de par en par” a calquera dirixente de Ciudadanos que queira sumar”. Un convite que o presidente da Xunta en funcións e candidato do Partido Popular ao 5-A está a intensificar consciente de que vai precisar de todos os votos da dereita.

“Este é o proxecto que imos manter non nos vindeiros días, senón que o imos manter até que se fechen as listas electorais o 1 de marzo”, manifestou Feixoo, no que é toda unha man tendida a que cargos e dirixentes de Cs pasen a se sumar ao PPdeG.  

“Estamos dispostos”, dixo o líder popular a preguntas dos xornalistas sobre abrir as portas do partido a xente de Cs. Feixoo é consciente de que cara ao 5-A non hai que dar ningún voto por perdido. Sobre as enquisas que lle dan maioría absoluta chamou a “non dar un balón por perdido”.

Preguntado sobre Vox, lamentou que a formación de ultra dereita “teña o mesmo obxectivo que Podemos, PSOE e os nacionalistas: botarme”. O candidato, e así o deixou claro no acto de proclamación do sábado pasado, quer xogar a carta de se presentar como a moderación e o centro fronte aos extremos, igualando Vox e o nacionalismo no rol de 'malos' para Galiza. 

Comentarios