Feijóo critica a sanidade pública e abre as portas da privada

En declaracións realizadas en Madrid asegura que a sanidade pública galega ten "unhas rixideces propias dunha oficina administrativa" e que "se poden experimentar con outros instrumentos"
Feijóo nun acto do Sergas
photo_camera Feijóo nun acto do Sergas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comeza a copiar maneiras de Rajoy, o seu homólogo no goberno español, e aproveita as súas viaxes fóra do país para realizar as declaracíóns máis comprometidas. Nun almorzo informativo organizado en Madrid pola axencia Europa Press o mandatario galego, preguntado pola sanidade pública, criticou a xestión desta. Para o presidente galego adoece de "unhas rixideces propias dunha oficina administrativa", e non tivo problemas para admitir que "todo o que non sexa o núcleo duro do sistema" galego de saúde "se pode experimentar" coa xestión privada.

Para Feijóo a sanidade pública galega adoece de "unhas rixideces propias dunha oficina administrativa"

Coa idea de gardar o que denominou "a xestión dura do sistema", xusto aquelas máis custosas para a sanidade pública como son a ciruxía e as probas diagnósticas, no resto pódese "experimentar con outros instrumentos".  Ao remate da súa intervención Feijóo meteu no mesmo saco a sanidade pública e a sanidade privada cando asegurou que "non hai xestión privada ou xestión pública, hai xestión ben feita e mal feita".

Comentarios