Estes son os 50 nomes que fan parte da promotora de Sumar na Galiza

'Nós Diario' tivo acceso á lista de 50 persoas que desde esta quinta feira conforman a promotora do partido de Yolanda Díaz na Galiza.
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social do Estado español, Yolanda Díaz. (Foto: Fabián Simón Europa Press)
photo_camera A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social do Estado español, Yolanda Díaz. (Foto: Fabián Simón / Europa Press)

A promotora de Sumar Galicia preséntase esta quinta feira publicamente con 50 nomes tras a súa constitución o pasado mes de novembro. O seu obxectivo era, segundo indicaban, incluír persoas de todo o espectro da "esquerda á esquerda do PSOE" e, finalmente, lograron 'fichar' o ex deputado socialista Juan Díaz Villoslada, á até hai unha semana secretaria de Organización de Podemos Galicia, Gloria Alonso Domínguez, e ao que foi portavoz do BNG en Teo, Manuel Barreiro.

Sobre a incoporación de Gloria Alonso, Podemos Galicia quixo precisar aos medios que pediu a baixa como rexistrada da formación violeta o pasado día 11 e que o seu posto pasou a estar ocupado por Susana López, anterior secretaria de Finanzas. Neste sentido, trátase da única figura da executiva de Borja San Ramón e a súa contorna que deu este paso, polo menos, que transcendese até este momento.

Algúns dos nomes da promotora xa eran coñecidos. Ademais do seu portavoz, Paulo Carlos López (que estivo vinculado a Compromiso por Galicia), forman parte dela nomes como o do ex alcalde de Ferrol, Jorge Suárez e o catedrático e vicesecretario da Real Academia Galega Henrique Monteagudo.

A vicepresidenta segunda do Goberno e líder de Sumar, Yolanda Díaz, estivo na Galiza nunha viaxe de carácter privado, aínda que, neste tempo, aproveitou para supervisar a situación do seu partido.

Outras formacións

Ademais desas formacións, na promotora figuran outros membros de mareas, como a que fora concelleira de Compostela Aberta Noa Morais, a que fora candidata ao Senado nas pasadas eleccións por Sumar Marilar Aleixandre, o ex alcalde da Pobra do Caramiñal Xosé Lois Piñeiro, moi ligado tamén a Marta Lois, ou Esther Sobrado Janeiro, que en 2012 foi nas listas de Democracia Ourensá pero que despois se ligou a unha das mareas que houbo na cidade de As Burgas.

Así, esta é a lista completa de 50 persoas á que tivo acceso Nós Diario:

Gloria Alonso Domínguez

Jesús Araujo Nores

Carlos Ares Pérez

Maria do Pilar Barros Barco

Manuel Barreiro Rozados

Pablo Calviño Tato

Dolores Caramés Hermo

Alicia Carrera Castaño

Carme Casado Casado

Juan Díaz Villoslada

Elisa Fernández Ferreiro

Aida Ferreiro Galbán

Alfredo Manuel González López

José Ángel Fernández Holgado

Laura García Parada

Francisco Gómez García

Mercedes González Pazos

Marilar Jiménez Aleixandre

Manuel Lago Peñas

Elvira Landín Aguirre

Víctor Ledo Estévez

Marta Lois González

María Xosé López Fernández

Paulo Carlos López López

Verónica Martínez Barbero

Henrique Monteagudo Romero

Noa Morales Sánchez

Alberte Muíño Naveira

Amparo Novo Vázquez

Rocío Núñez Rúa

Iván Olmos Ferreiro

Sara Outeiral Cameán

Trinidad Palacios Raposo

Daniel Paradela Dosil

Luisa Pasín Mato

Mónica Peralba Portela

Mabel Pérez Simal

Mar Pichel Montes

Silvia María Pinal Seoane

Xosé Lois Piñeiro García

José Antonio Rodríguez Añón

María Rodríguez Vázquez

Estevo Sánchez Gálvez

José Manuel Sande García

Ramón Sarmiento Solla

Manuel Seijas Martínez

Esther Sobrado Janeiro

Jorge Suárez Fernández

Pere Tobaruela Martínez

Néstor Vázquez Mariño

Comentarios