mércores 15.07.2020

Encausadas na Operación Jaro reúnense con Anova

 “A defensa dos encausados da #OperacionJaro é a defensa dos dereitos democráticos”, manifestou o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez.

anova
anova

As 12 independentistas encausadas na Operación Jaro e para as que a Fiscalía da Audiencia Nacional pide penas de prisión por máis de cen anos continúan coa súa rolda de xuntanzas e contactos con axentes políticos, sindicais e sociais.

Após BNG, CCOO, Esquerda Unida, entre outros, Unha delegación das encausadas reuniuse co portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, á que informaron da situación do proceso e das diferentes medidas e campañas de denuncia do mesmo. “O encontro, que se prolongou durante trinta minutos, serviu para expor a evoluiçom do processo penal e as linhas gerais da nossa campanha, assim como para propor a Anova compromissos concretos para a socializaçom da denúncia”.

A través das redes sociais, o portavoz nacional de Anova manifestou que “utilizar a Xustiza como ariete contra ideas políticas que molestan ao poder é absolutamente desprezable. A defensa dos encausados da #OperacionJaro é a defensa dos dereitos democráticos,da mesma liberdade de expresión. Ser independentista non é delito!”.

comentarios