"E o domingo manifestación do Bloque; se defenderan Gibraltar...!"

O BNG edita un vídeo retranqueiro para chamar á participación cidadá na manifestación do vindeiro día 15 de setembro

A organización frontista difunde a través da rede un vídeo chamando á participación da cidadanía na manifestación convocada para o vindeiro domingo día 15.

Con retranca o BNG fai chiscadela das críticas a unha nova mobilización e anima a acudir á Alameda de Compostela baixo o lema 'Por unha patria soberana'. 

A fronte nacionalista chama ás maiorías sociais a "dar resposta ao desmantelamento das conquistas sociais e do autogoberno" promovido polo Partido Popular desde a Xunta e Madrid. Desde o Bloque lanzan un chamamento ao pobo galego para se sumaren "á batalla" a prol "dos valores da democracia e a soberanía" pois, "é preciso reaxir masivamente", aseguran, para demandar "iniciativas e políticas críbeis" fronte aqueloutras que "laminan" e "debilitan" o país.

Comentarios