Diferenzas no PSdeG en torno á moción de censura en Coristanco

Fernández Leiceaga considera que a decisión é contraria á liña política que se aprobou no congreso socialista mentres que a dirección provincial apoia a moción.

Xoaquín Fernández Leiceaga
photo_camera Xoaquín Fernández Leiceaga

O PSdeG móstrase dividido a respecto da moción de censura impulsada en Coristanco polo seu único concelleiro na localidade, Abaraham Gerpe, que se non hai sorpresas converterase co apoio do PP  no próximo alcalde, desbancando o actual rexedor, de Terra Galega, Amancio Lavandeira. "O interese que motiva esta moción é económico", di Lavandeira.

A dirección provincial do PSdeG apoia a decisión do concelleiro socialista. "A situación en Coristanco é excepcional e temos que tomar algunha medida. Non podemos ser corresponsábeis de que iso non funcione".

Distinta visión ten Fernández Leiceaga, portavoz do PSdeG no Parlamento e un dos tres candidatos nas primarias socialistas para elixir secretario xeral do PSdeG. "No último Congreso Federal establecimos como liña política moi clara que o noso adversario tiña que ser o Partido Popular. A moción de censura propiciada en Coristanco non corresponde a esa liña política. Cremos que é un erro”.

Comentarios