luns 06.07.2020

Dezaoito anos despois, volve o goberno de coligazón PNV-PSOE en Euskadi

Os socialistas poderían ocupar 3 das 11 consellerías. Iñigo Urkullo será reeleito lehendakari a vindeira quinta feira.

Reunión entre PNV e PSE.
Reunión entre PNV e PSE.

Euskadi volve, 18 anos despois, ter un goberno de coligazón entre PNV e PSOE. Na madrugada do sábado ao domingo, e segundo informou Radio Euskadi, fechouse o acordo entre ambas as dúas formacións, un pacto que agora terá que ser validado pola Asemblea Nacional dos jelkides e o Comité Nacional do PSE, o que se agarda que aconteza esta segunda feira.

En base a este acordo, os socialistas poderían ter 3 das 11 carteiras coas que contará o futuro goberno vasco. Previsibelmente Iñigo Urkullo será reeleito lehendakari esta quinta feira en segunda votación e por maioría simple, co apoio dos 37 deputados que suman PNV (28) e PSE (9).

Historia

A primeira experiencia de coligazón entre PNV e PSOE tivo lugar após as eleccións de 1986, onde o PSOE superou en escanos o PNV (19 fronte a 17) por mor da escisión que experimentaron os nacionalistas: Eusko Alkartasuna, e que ,logrou 13 escanos e 15,8% dos votos, sendo cuarta forza, por detrás de Herri Batasuna, que obtivo 13 parlamentares e 17,5% dos sufraxios. O jeltzale Ardanza foi eleito lehendakari

PNV e PSOE volveron reeditar a coligazón en 1991, após unha breve experiencia de goberno PNV-EA e Euskadiko Ezkerra EE). Nos comicios de 1990 o PNV logrou 22 escanos, o PSE 16, HB 13, Eusko Alkartasuna 9, PP 6. EE tamén 6 deputados e Unidad Alavesa 3. Reeditouse a coligazón en 1994, tamén con Ardanza como lehendakari. Ramón Jauregi foi vice-lehendakari.

Apóas as eleccións municipais de 2015 ambas as dúas formacións acadaron un acordo programático para gobernar nas xuntas xerais e nos concellos onde a suma de PNV e PSE o permitise, respectando a candidatura máis votada. 

Ao debate de investidura preséntanse dúas candidaturas, a de Iñigo Urkullu (PNV) e a de Maddelen Iriarte (EH Bildu)

comentarios