POLÍTICA

Cospedal negociou en febreiro pagar o finiquito de Bárcenas

Cospedal negociou en febreiro pagar o finiquito de Bárcenas

Un SMS do ex-tesoureiro a unha persoa de confianza da secretaria xeral do PP, presidente-editor de La Razón, pon en entredito o afirmado por Dolores de Cospedal na Audiencia Nacional

Cospedal

O diario El Mundo vén de desvelar novas mensaxes (SMS) de Luis Bárcenas, o ex-tesoureiro do PP, mensaxes que, nesta ocasión poñerían en entredito a liña argumental mantida sobre este caso pola secretaria xeral dos populares, Dolores de Cospedal, mesmo das súas declaracións na Audiencia Nacional.

Segundo o rotativo madrileño, Cospedel sabía que Bárcenas non pactara unha “indemnización fraccionada”, senón que negociou un contrato en febreiro de 2013. Foi o seu home de confianza,Mauricio Casals, amigo persoal de Rajoy e presidente-editor de La Razón, quen fixo de interlocutor.

Estas mensaxes, indica El Mundo, tamén poñen en solfa o afirmado por Mariano Rajoy no Congreso e as declaracións de Javier Arenas

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios