Constantino Méndez engrosa a lista de galegos no novo goberno español

Ocupará o Ministerio de Defensa. Entre 2008 e 2011 foi secretario de estado de Defensa con Carme Chacón.

conmstantino mendez psoe defensa

Constantino Méndez, de Pontecesures, vai ser o ministro de Defensa no goberno de Pedro Sánchez. Un nomeamento que suma máis un nome á lista de galegos que fan parte do executivo socialista: Nadia Calviño. Nun primeiro momento tamén se falaba de Pilar Cancela. Nestes días o seu nome soou para ocupar a carteira de Agricultura, mais esta caeu finalmente no valencián Luis Planas. 

Constantino Méndez foi secretario de Estado de Defensa entre 2008 e 2011, durante o segundo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero. Foi, pois o número dous da minsitra Carme Chacón. Tamén foi delegado do gobernó en Madrid entre 2004 e 2006.

Nado en 1950 no concello á beira do Ulla, Méndez é militante socialista desde 1981. Ocupou responsabilidades como secretario de Estado nun dos gobernos de Felipe González.

Comentarios