Compromiso por Galicia ocupa o terceiro posto na candidatura ás europeas liderada polo PNV

Juan Carlos Piñeiro, actual secretario xeral de CxG, é o representante dos galeguistas na 'Coalición por unha Europa Solidaria'.

Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia (arquivo).
photo_camera Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia.

Compromiso por Galiza ten reservada a terceira praza na candidatura 'Coalición por unha Europa Solidaria', que se presenta ás eleccións europeas de maio e que está liderada polo PNV. A lista está encabezada por Izaskun Bilbao, actual eurodeputada, o segundo posto será ocupado por Coalición Canarias e no terceiro irá Compromiso por Galicia seguido por Geroa Bai (4.º), Plataforma pelas Illes (5.º) e o Partido Demócrata Valenciano (6.º).

Juan Carlos Piñeiro (1977, Cervo) actual secretario xeral galeguista será quen represente CxG nesa candidatura. “Precisamos estar na institución que máis inflúe realmente na economía e nos sectores produtivos galegos”.

Compromiso Por Galicia afirma que nesta pasada lexislatura europea presentou mais de 80 iniciativas da sociedade galega en Bruxelas a través da súa eurodeputada Izaskun Bilbao.
 

Comentarios