Esta sexta feira darán comezo as asembleas comarcais nas que a militancia do BNG avaliará os resultados obtidos pola candidatura na que ía coligada a organización frontista ás eleccións xerais.
Segundo fontes consultadas por Sermos Galiza estas xuntanzas decorrerán até o 15 de xaneiro e nelas tamén se analizará e debaterá o documento elaborado polo Consello Nacional do Bloque a este respeito. As asembleas comarcais tamén achegarán propostas para a súa revisión e que serán elevadas ao órgao.
O Consello Nacional reunirase con posterioridade o 16 de xaneiro e del sairá a convocatoria oficial da Asemblea Nacional Ordinaria do BNG que, no entanto, xa foi anunciada polo portavoz da organización frontista, Xavier Vence como cumio da "profunda reflexión" na que se somerxe a formación.