sábado 04.04.2020

Acordo de coalición Podemos, EU, Anova e mareas municipalistas, con Gómez Reino como candidato

Fica pendente a distribución das candidaturas.
Acordo de coalición Podemos, EU, Anova e mareas municipalistas, con Gómez Reino como candidato

Antón Gómez Reino, secretario xeral de Podemos Galiza e deputado de Galiza en Común no Congreso español, perfílase como candidato da coalición que están a ultimar os diferentes actores da denominada ‘esquerda rupturista’ para fechar oficialmente hoxe, no día, 21, en que remata o prazo para inscribir coalicións para concorrer ás eleccións galegas do 5 de abril.

Anova, Podemos, Esquerda Unida e as mareas municipalistas  da Coruña e Compostela ultiman ese acordo, polo que será Gómez Reino e non Martiño Noriega (o outro nome que soaba como candidato) quen lidere a batalla pola Xunta.

Nas negociacións tomaron parte por momentos, entre outros, Xosé Manuel Beiras, Pablo Iglesias e Yolanda Díaz. A coalición que a comezos de semana semellaba moi afastada de ter en conta as declaracións públicas de certos líderes, finalmente si foi posíbel.

Fontes da negociación explicaron a Europa Press que as condicións da coalición se igualaron nas últimas horas entre o espazo Galicia en Común --que pode ser compartido por Podemos e Esquerda Unida-- e Anova - que compartiría a súa "cota" coas mareas municipalistas.

En calquera caso, fontes negociadoras aclararon que o peso da candidatura seguiría recaendo sobre o espazo Galicia en Común, nunha distribución que, por exemplo no órgano de goberno común, pode pecharse nunha distribución de 55-45, en en virtude da evolución das conversas.

Aínda que para as candidaturas hai máis tempo, as negociacións abranguen todos os aspectos e o número un pola Coruña recaería en Podemos e o seu candidato á presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, tamén se perfila como cabeza de lista da coalición.

Segundo fontes da negociación, sobre a mesa estaría un reparto de cabeza de candidaturas nas que A Coruña e Ourense serían para Podemos, Pontevedra para EU e Lugo para Anova. 

As inscritas de Podemos Galiza avalron con 83,8% ir en coalición. As asembleas de Compostela Aberta e Marea Atlántica aprobaron esta quinta feira senllos textos nos que se avalan impulsar unha candidatura de "unidade popular", e aínda que pon matices á participación e configuración dunha coalición, daban un pulo ás negociacións que nos últimos días se deron no espazo da confluencia galega.

comentarios