O CIS marca o desgaste de PP e PSOE nunha cidadanía preocupado polo paro e a corrupción

O PP e o PSOE rexistran descensos históricos na enquisa do CIS. 32,5 e 27,2% dos votos nun contexto de forte trasvase de votos a UPyD e IU. O soberanismo (BNG, Amaiur e ERC) aumenta en apoios. A cidadanía, as principais preocupacións son o paro e a 'corrupción e a fraude'


 

A entrega da enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) remarca o crepúsculo do bipartidismo electoral no Estado español. O traballo fíxose en 241 concellos, entrevistando a perto de 2.500 persoas. Preguntas e sondaxes para certificar que o 68,8% da cidadanía cualifica de má ou moi má a xestión do PP. Pero é que o 68% define como má ou moi má a oposición que fai o PSOE.

O BNG mantense no nivel  de apoios atinxidos nas eleccións xerais de 2011

E iso ten correlación na intención de voto. De haber eleccións hoxe, o PP atinxiría o 32,5% dos votos, un 12 por cento menos que o apoio que tivo nas eleccións xerais e que lle deu a maioría absoluta. E o PSOE caería até o 27,2 por cento.

IU e UpyD serían os beneficiarios. A formación de Rosa Díez duplica votos a respecto daqueles comicios e chegaría a superar o 8,8%. Izquierda Unida obtería o 11,5 por cento dos sufraxios.

No CIS tamén sinalan que o BNG tería o 0,7 por cento, Amaiur o 1,4% e ERC o 2,3 por cento. En comparación cos resultados dos comicios de 2011, o BNG mantense, Amaiur aumenta lixeiramente (tivo o 1,3% naquela cita) e ERC dá un importante salto (nas eleccións obtivera o 1,05% dos sufraxios)

CIU tería o 3,1 % e o PNV, 1,4%.

O 24% dos enquisados afirmaron que non votarían

Preocupacións

As principais preocupacións para a cidadanía do Estado español, segundo os datos do CIS, o paro (80,9%), seguida da “corrupción e a fraude”, cun 37,4 por cento. Figura tamén entre as principais preocupacións, cun 27,6%, “os políticos, os partidos e a xustiza”.

No que atinxe ao modelo de Estado, o 23% optan por un estado sen autonomías, o 13% con autonomías con menos competencias que agora e un 32,6% escollen un estado autonómico como o actual. A porcentaxe de cidadáns que estarían dispostos a recoñecer o dereito á autodeterminación é do 9,7%.

Comentarios