mércores 05/08/20

Causa Galiza pide o voto para o BNG nas eleccións do 12-X

Argumenta a solicitude na “necesidade” de desaloxar o PP da Xunta e de fortalecer o “suxeito nacional”.

Causa Galiza, Día da Patria Galega 2017
Causa Galiza, Día da Patria Galega 2017

A organización independentista Causa Galiza solicita a través dun comunicado o voto para o BNG nas elección galegas do 12 de xullo. Un voto que piden, explican, para evitar que a “extrema dereita” do PP continúe á fronte da Xunta ao tempo que “agudizan”as contradicións que apuntan que hai no nacionalismo para avanzar cara ao independentismo.

Para CG una nova vitoria do PP de Núñez Feixoo é “ o pior cenário imaginável para a Galiza”. O actual presidente galego é, para a organización inpdependenista, “a aposta do Estado” para estas eleccións, que pasa por “perpetuar intacto o status quo atual e adiar quaisquer condiçons que facilitem a emergência da Galiza como terceiro sujeito político em liça com o Estado español”.

Explican que 3 son as causas nas que fundamentan a súa petición de voto para o BNG: a “necesidade” de rematar co Goberno do PP na Xunta, a abertura de “opçons para políticas reformistas que fortalezam o sujeito nacional” e, por último, agudizar no seo dos sectores nacionalistas a opción independentista.  

“ A nossa prioridade é construir um projeto político e umha estratégia independentistas que apostem num processo de ruptura democrática nacional com Espanha”, lembran.

comentarios