venres 23/07/21

Carmela Silva presidirá a Deputación de Pontevedra con César Mosquera como vice-presidente

O pleno de investidura marcou un cambio histórico na institución, en mans do PP desde 1987. 

Pontevedraviva
[Imaxes Pontevedra Viva]

Esta sexta feira (17 de xullo) a socialista Carmela Silva foi investida presidenta da Deputación de Pontevedra, a primeira muller na historia da institución e tamén a primeira persoa dunha formación distinta ao PP desde 1987. 

A escolla de Silva produciuse após o acordo asinado entre o PSOE e o BNG. A fronte nacionalista asume a vice-presidencia da man do edil pontevedrés, César Mosquera. 

"The times they are a-changing", afirmou Carmela Silva ao asumir a súa responsabilidade e tomando emprestada a frase de Bob Dylan. Non se trabucaba. Desde 1987 o Partido Popular gobernou a provincia como anteriormente fixeran UCD e Alianza Popular. Un "cambio histórico" sinalou a socialista que, prometeu, será tamén "radical". 

Pola súa banda, Mosquera apelou á "prudencia" e á "humildade" perante o risco de caeren "na soberbia de tentar decirlle ás corporacións municipais" eleitas após o 24-M "o que teñen que facer". Aliás, o vice-presidente lembrou na súa intervención que o apoio outorgado a Carmela Silva e o PSOE está "condicionado" ao cumprimento do acordo programático asinado entre ambas as dúas forzas. 

comentarios