O BNG iniciou esta sexta feira, ás portas do ía das Letras Galegas, unha campaña de galeguización dos nomes e restitución dos apelidos. Militantes e simpatizantes da formación nacionalista déronse cita nos xulgados para defender a restitución dos apelidos á forma orixinaria e a galeguización dos nomes.
Rivas insistiu en que campaña “é libre e voluntaria” e pretende chamar a atención sobre algo que debería “estar xa normalizado e institucionalizado”
O deputado Xosé Luís Rivas Mini animou a cidadanía galega a “facer un esforzo” para acabar coas alteracións sobre os apelidos e nomes galegos. O deputado asegurou que a campaña do BNG busca a recuperación dalgunhas das nosas señas de identidade deturpadas entre as que destacou “os topónimos, nomes propios e apelidos”. Rivas insistiu en que campaña “é libre e voluntaria” e pretende chamar a atención sobre algo que debería “estar xa normalizado e institucionalizado”.
Afirmou que na sociedade galega existe un consenso maioritario sobre as dificultades que historicamente sufriu o galego e a necesidade de recuperar a lingua. Agora, dixo, precisamos outro consenso para que apelidos como “Feijóo, Sotoluengo ou Barrero, “non se repitan e podan recuperar as súas señas de identidade”. Lembrou que durante o período franquista resultaba impensable inscribir os nomes en galega baixo ameza de ingresar no carcere, pero na actualidade, “os trámites son moi doados”. “
Para galeguizar o nome é apelidos só é preciso solicitar unha partida de nacemento e mudar o nome no rexistro civil onde figuramos inscritos.